1. Inicio
  2. Presentación e historia da prevención
  3. Historia da prevención

Historia da prevención

Nun principio, non existían medidas de seguridade no traballo, ata que un médico chamado Hipócrates de Kos, vendo que os traballadores da mina sufrían moitas enfermidades e incluso chegaban a morrer, pensou que se os mineiros utilizaban un pano mollado para protexer as vías respiratorias, podían impedir que enfermaran; deste xeito, xurden a aparecer as primeiras medidas de seguridade e os primeiros equipos de protección individual.

Anos despois comezaron a describirse outras enfermidades que xurdían nos traballadores, como a tise ou a sarna. Co fin de poder melloralas e erradicalas, plasmáronse as primeiras normas de prevención de riscos e perigos no traballo nunha pedra chamada "código de hammurabi", para que ninguén as puidera borrar.

Así, os traballadores comezaron a ter mellor saúde nos seus postos de traballo.

Pero aínda quedaba moito traballo por facer! A xornada de traballo seguía sendo de 12 a 14 horas diarias e os accidentes laborais aínda eran demasiados. Os xefes non facían nada por cambialo.

Entón no ano 1880, por primeira vez, multaron a un xefe que non evitou un accidente laboral do seu traballador.

Ademais, os nenos tamén traballaban duramente a semana e so ían á escola os domingos.

Chegado o ano 1900 establécese a primeira lei que obriga aos xefes a poñer medidas para que non houbese accidentes laborais, se non o facían serían multados.

Por outra parte, cada obreiro que tivese un accidente no seu posto de traballo, tería dereito a ser remunerado.

En España, no ano 1978 impuxéronse novas normas para mellorar as condicións laborais de cada obreiro. Por exemplo:

  • Períodos de descanso.
  • Vacacións.
  • Xornada laboral de oito horas.
  • Salario digno.
  • Unha formación que lles permita facer o seu traballo de forma correcta.

Por último, e chegando xa á actualidade atopamos a lei de prevención de riscos laborais; que, por unha banda, danos uns dereitos e, por outro lado, imponos unhas obrigas, co fin de garantir a nosa seguridade no posto de traballo. É a "Lei 31/1995 de prevención riscos laborais".