1. Inicio
  2. Presentación e historia da prevención
  3. Presentación

Presentación

  • A Escola Galega de Prevención é un espazo educativo específico para a introducción dos contidos sobre a Prevencioún de Riscos Laborais na poboación escolar de Galicia.
  • É un apoio e un recurso pedagóxico para o traballo do profesorado na sensibilización da cultura preventiva.
  • É un reforzo para a aprendizaxe de hábitos e actitudes cara a saúde e seguridade no traballo no futuro.
  • Forma parte do ISSGA, Instituto da Saúde e Seguridade Laboral en Galicia que depende da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Características técnicas da escola

A Escola está configurada en dous espazos físicos diferenciados:

A.- Zona de equipamento- Unha primeira sala de entrada que é onde se fai a introducción á visita e os rapaces e rapazas teñen que equiparse con chalecos e cascos de seguridade, facemos a foto de grupo e presentanse os conceptos de Prevención de Riscos Laborais, EPI e identificación de diferentes epi por sectores de ocupación mediante a mostra de roupas de traballo e outros accesorios. Cunha Zona audiovisual - contigua á anterior dotada con pantalla de proxección onde se proxecta un vídeo cunha duración de dez minutos co obxectivo de contraste de conceptos e ideas previas do grupo.

B.- Zona de documentación e Actividades - Espazo contigüo onde se propoñen diferentes recursos para traballar os ámbitos da prevención e os riscos asociados a eles mediante xogos multimedia e documentación, xogos de manipulación para o coñecemento de diferentes profesións e diversos epi.